Miranda agradece ás entidades asistentes ao XXVII Día de Galicia en Castela e León o seu coidado pola cultura e a lingua galegas
- Imaxe da celebración das entidades galegas en Castela e León que tivo lugar hoxe en Burgos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Burgos ao XXVII Día de Galicia en Castela e León, onde aproveitou para dar a benvida a Galicia a todas e todos os que queiran realizar o Camiño de Santiago dende esta comunidade aproveitando a celebración do Ano Santo Xacobeo e agradeceu ás entidades galegas o traballo a prol da cultura e lingua de Galicia.
Ao acto asistiron, ademais do secretario xeral, numerosas e numerosos membros procedentes dos centros galegos de Burgos, Salamanca, Miranda de Ebro e Ponferrada, así como da Casa de Galicia en Valladolid. As máis de 180 persoas participantes puideron desfrutar de distintas actuacións, como as das agrupacións musicais das entidades de Miranda de Ebro e Ponferrada e a Coral do Centro Galego de Salamanca.
Novas relacionadas