O documental “Welcome to ma maison”, protagonista da proxección de xuño do Ciclo Mestre Mateo nas entidades galegas do exterior

O filme “Welcome to ma maison” proxectarase en oito cidades de España, Europa e América
O filme “Welcome to ma maison” proxectarase en oito cidades de España, Europa e América
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2022.

O documental Welcome to ma maison será o protagonista no mes de xuño do ciclo de proxeccións Mestre Mateo que permitirá desfrutar en oito centros galegos do exterior deste documental, finalista na edición deste ano dos premios do mesmo nome. Esta actividade organízase dende a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas.

O Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres será o escenario no que se poderá ver, o próximo sábado 18, este documental, que posteriormente será proxectado o 23 no Lar Gallego de Sevilla, o 25 na Asociación Cultural Galega De Berlín Son, no Centro Galego de Tarragona, no Centro Gallego de Montevideo, na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e no Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires e, finalmente, o 29 no Centro Gallego de Madrid.

222 lecturas