Novas
Buscador
- Emigración asina coa Fundación Ronsel o acordo para continuar co Programa Merlo que dá apoio formativo ás e aos emprendedores galegos retornados 11.05.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, firmou hoxe no edificio administrativo de Monelos, co vicepresidente da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite continuar cunha iniciativa que xa o ano pasado permitiu consolidar os emprendementos de case 100 galegas... Máis información
- Emigración destina 65.000€ á Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para manter a Oficina social de información e asesoramento da Habana 10.05.2022 audio Esta axuda ten como obxectivo reforzar o funcionamento desta oficina que permite axilizar as axudas de atención social aos galegos e galegas residentes neste país e coordinar o resto de puntos de asesoramento situados noutras provincias cubanas. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 65.000 euros para a... Máis información
- A Xunta licita por preto de 1,8 M€ as obras de rehabilitación do edificio da Xunta na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela 10.05.2022 audio A actuación, cun prazo de execución de 8 meses, consistirá na restauración e mellora da envolvente térmica e da distribución interior do edificio, que alberga a Oficina de Turismo da Xunta en Santiago e a Secretaría Xeral da Emigración. O obxectivo é avanzar na recuperación do patrimonio da Xunta coa intervención neste inmoble da cidade... Máis información
- Miranda analiza con Xuntanza de Cataluña os proxectos culturais máis relevantes que esta agrupación realizará ao longo deste ano 09.05.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión cos membros de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, na que tamén estivo presente a subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer. Neste encontro analizáronse os proxectos culturais que esta agrupación, que aglutina a... Máis información
- Emigración asiste á presentación da programación das actividades das Letras Galegas da Casa de Galicia en Alcorcón 08.05.2022 audio O subdirector de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaria Xeral da Emigración, Antonio Casas, asistiu hoxe á presentación do Mes das Letras Galegas que organiza a Casa de Galicia en Alcorcón, que tivo lugar no Teatro do Centro Cultural Viñagrande, contando coa presenza da alcaldesa da localidade, Natalia de... Máis información
- A Xunta convoca 2,7M€ en axudas de carácter extraordinario para autónomas e autónomos e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola covid-19 07.05.2022 audio O Diario Oficial de Galicia vén de convocar unha nova liña de apoios coa que aspira chegar a 1.200 negocios afectados pola pandemia. As e os emprendedores retornados que se atopen nesta situación tamén poderán solicitar estas axudas. As contías irán dos 1.000€ aos 12.000€ en función da facturación acreditada de 2019. Considéranse actividades... Máis información
- Emigración destina 25.000€ á Casa de España de Río de Xaneiro para a atención social a galegas e galegos residentes no Brasil 06.05.2022 audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do centro social desta entidade sen ánimo de lucro, así como para manter o punto de información e asesoramento ás e aos galegos do exterior residentes nesta cidade brasileira. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 25.000 euros para a Casa de España... Máis información
- A Xunta colabora coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia para facilitar a integración das e dos bolseiros BEME na nosa sociedade 05.05.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior.... Máis información
- As solicitudes das bolsas BEME destinadas aos galegos e galegas do exterior para estudar másteres en Galicia aumentaron este ano un 12% 04.05.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes. Arxentina dispara o número de galegas e galegos universitarios do exterior interesados nestas axudas, seguidos de Brasil, Cuba, Uruguai, Venezuela, Reino Unido, México, Alemaña, Portugal e Suíza. Como curiosidade,... Máis información
- Secundar a construción dun memorial aos galegos que traballaron na Canle e o apoio ás colectividades do exterior, eixos da viaxe de Emigración a Panamá e México 03.05.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo diversas reunións coas principais entidades galegas nestes dous países e asistiu á cea de gala organizada pola Fundación Nosa Terra, impulsora da posta en marcha da escultura que recordará aos 8.000 operarios galegos que a comezos do século XX colaboraron na construción da canle... Máis información
Páxinas |









