Rueda destaca o compromiso da Xunta co apoio ás e aos retornados a través de liñas de axudas que suman máis de 5,5 M€ de investimento

O presidente da Xunta participou no encontro cos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME).

A Xunta ofertará o vindeiro curso 250 bolsas BEME, 50 máis que nesta edición, ante o aumento de solicitudes.

O Goberno galego conta con varios programas para impulsar que as e os galegos no exterior regresen a estudar e traballar á comunidade ou para fomentar o emprendemento entre os retornados e retornadas.

  • O presidente da Xunta participou no encontro cos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME)
    O presidente da Xunta participou no encontro cos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME)

Entrega de diplomas ás e aos bolseiros BEME 2021-2022
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou hoxe o compromiso da Xunta cos galegos e galegas no exterior que desexan retornar á Comunidade a través de diferentes liñas de axudas que suman máis de 5,5 millóns de euros de investimento. O titular do Goberno galego, que asistiu a un encontro cos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) en Santiago, destacou que as medidas postas en marcha pola Administración galega para apoio á e ao retornado permitiron que 25.000 persoas volvesen a Galicia desde 2018.

Nun acto con bolseiros e bolseiras da última convocatoria do programa BEME, Rueda subliñou a importancia desta iniciativa que desde o 2017 permitiu que 1.150 mozas e mozos galegos que viven no exterior ou descendentes de galegas e galegos regresasen á Galicia para estudar un mestrado. O presidente agradeceu ás e aos asistentes que aposten por un futuro en Galicia e destacou que estas bolsas supoñen “unha oportunidade” para que os mozos e mozas completen a súa formación e regresen “á súa terra”, pero tamén unha oportunidade para a Comunidade xa que a chegada de profesionais novos e novas e de alta cualificación “supón unha vía para facer fronte ao reto demográfico e permitirá mellorar a competitividade do tecido empresarial”.

Ante o aumento da demanda deste tipos de bolsas -na convocatoria de 2021 houbo o dobre de solicitudes (470) que de prazas (200)- a Xunta incrementou de cara ao vindeiro curso 2022-2023 o número de beneficiarios e beneficiarias ata os 250, medio centenar máis que a última edición.

Un total de 200 mozas e mozos procedentes de 19 países obtiveron unha bolsa BEME na convocatoria de 2021. Delas e deles, 25 son galegos que emigraron fóra da comunidade e as e os 175 restantes son fillos, netos, bisnetos ou tataranetos de emigrantes galegas e galegos. A idade media dos bolseiros e bolseiras desta última convocatoria foi de 29 anos e Arxentina, España, Venezuela, Brasil, Uruguai e Cuba foron os países de orixe con máis persoas beneficiarias.

Ademais do programa de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior, a Xunta conta con outras axudas para facilitar o retorno das e dos galegos no exterior como unha liña de achegas para aquelas e aqueles que regresen á Comunidade para emprender, dotada de 1,5 millóns de euros no 2021 e que desde 2013 permitiu dar apoios a 500 iniciativas emprendedoras. Ademais, as e os retornados poden optar a axudas para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu regreso á Galicia, unha liña que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros.

Unha serie de medidas que fomentan o retorno de galegas e galegos que emigraron fóra da comunidade e que permiten encarar o problema do reto demográfico que vive Galicia e o resto do país. Para reverter esta situación, a Xunta conta con outras iniciativas como a Tarxeta Benvida ou a gratuidade das escolas infantís para todos os rapaces e rapazas a partir do vindeiro curso.

748 lecturas