Máis de 250 persoas participan no Carballiño (Ourense) na Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia á que asistiu Antonio Rodríguez Miranda

O secretario xeral da Emigración, cos exdirectivos da Hermandad Gallega de Venezuela Manuel Villamayor, José Monteagudo, Francisco 'Pancho' Moure e Benito Varela
O secretario xeral da Emigración, cos exdirectivos da Hermandad Gallega de Venezuela Manuel Villamayor, José Monteagudo, Francisco 'Pancho' Moure e Benito Varela
Listen to this page using ReadSpeaker
O Carballiño (Ourense), 19 de xuño de 2022.

O secretario xeral da Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu no Carballiño, Ourense, á Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia na que participaron máis de 250 persoas.

Deste xeito, recupérase a Xuntanza que se desenvolvía tradicionalmente co obxectivo de manter a relación fraguada en Venezuela así como na Hermandad Gallega deste país despois de ter retornado a Galicia. Tras dous anos de pandemia, finalmente recuperouse este cordial encontro de irmandade.

1261 lecturas