Miranda participa na homenaxe á Sociedad Pro Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo San Claudio, da Habana, en Ortigueira

  • O escritor Vicente Peña, Rodriguez Miranda, Valentín Calvín (portavoz do PP de Ortigueira), Alfredo Dovale (alcalde de Mañón) e Juan Vicente Penabad (alcalde Ortigueira)
    O escritor Vicente Peña, Rodriguez Miranda, Valentín Calvín (portavoz do PP de Ortigueira), Alfredo Dovale (alcalde de Mañón) e Juan Vicente Penabad (alcalde Ortigueira)
  • Imaxe da visita ao Museo Escolar Comarcal del Ortegal
    Imaxe da visita ao Museo Escolar Comarcal del Ortegal
Listen to this page using ReadSpeaker
Ortigueira (A Coruña), 18 de xuño de 2022.

O secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, en Ortigueira, ao acto en recoñecemento á Sociedad Pro Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo San Claudio, da Habana, polo traballo a prol da educación feito polos e polas emigrantes da parroquia ortigueiresa de San Claudio en Cuba a comezos do século pasado, que permitiu a construción do Centro Escolar que leva o seu nome.

Durante esta homenaxe, organizada pola Asociación Centro Cultural Libro Vivo San Claudio, o secretario xeral da Emigración destacou  a aposta e o labor pola educación das e dos galegos que emigraron nos séculos XIX e XX de cara a conseguir o progreso de Galicia. No acto descubriuse unha placa en memoria aos fundadores e actuaron o Grupo de gaitas Os Debotos e Marga Lamigueiro Durán.

660 lecturas