Emigración publica o listado definitivo das e dos 250 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME)

Imaxe da entrega de diplomas, este pasado 17 de xuño, á promoción BEME 2021-2022
Imaxe da entrega de diplomas, este pasado 17 de xuño, á promoción BEME 2021-2022
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración informa da publicación dos listados definitivos das 250 persoas candidatas ás Bolsas Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME) na súa páxina web, mediante as que universitarias e universitarios galegos do exterior poden realizar másteres nunha das tres universidades galegas. As e os interesados poden comprobar os datos nesta ligazón.

Este ano aumentouse o número de convocadas e convocados ata 250 galegas e galegos universitarios do exterior que poderán acceder aos preto de 90 másteres que se ofertan nas tres universidades galegas para completar a súa formación universitaria, o que lles podería facilitar o seu establecemento definitivo na comunidade. Esta axuda destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención en Galicia. 

429 lecturas