Miranda recibe ao presidente do Centro Galego de Valencia para analizar novas iniciativas da entidade

Imaxe de hoxe no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe de hoxe no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho, na sede da Secretaría Xeral da Emigración, ao presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, para analizar novas iniciativas e a situación da entidade, así como para facer balance sobre as diferentes actividades realizadas nos últimos meses para a difusión do Camiño de Santiago polo Ano Santo Xacobeo, destacando a divulgación nestes intres en Galicia do libro realizado polo centro con este fin, O Camiño das Estrelas.

O Centro Galego de Valencia fundouse en 1966 co obxectivo de servir como punto de encontro e agrupar na capital da comunidade autónoma, e os seu arredores, a galegas e galegos e simpatizantes para estreitar lazos de amizade, cultura e axuda mutua.

263 lecturas