As e os galegos retornados pódense beneficiar da axuda da Xunta de 250 euros do Bono alugueiro para a mocidade

O DOG publica hoxe as axudas desta iniciativa para persoas entre 18 e 35 anos.

Esta subvención, que conta cun orzamento de 22,8 millóns de euros, beneficiará como mínimo a preto de 3.800 mozas e mozos galegos.

No mes de xullo tamén está previsto convocar o bono de alugueiro social, co que a Xunta seguirá asumindo o 100% do custo do arrendamento de familias e persoas en situación de vulnerabilidade.

O prazo de solicitude ábrese mañá, 1 de xullo
O prazo de solicitude ábrese mañá, 1 de xullo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022.

As galegas e galegos retornados poderán beneficiarse das axudas de 250 euros ao mes do Bono de alugueiro mocidade aberto dende este venres, 1 de xullo. O programa, que se convoca este ano por primeira vez, está dirixido para facilitar ás e aos galegos retornados de entre 18 e 35 anos o pago da renda da súa vivenda habitual. 

Cun orzamento total de 22,8 millóns de euros a dividir entre este ano e 2023, as e os inquilinos menores de 36 anos, con ingresos regulares e que non superen os 24.318,84 euros poderán acceder a unha axuda mensual de 250 euros -sempre que esa contía non supere o importe do arrendamento- durante un período de 2 anos.

Con esta axuda espérase chegar a preto de 3.8000 mozas e mozos galegos. Ademais, no esforzo da Xunta por apoiar no pago da renda de alugueiro a determinados cidadáns e cidadás, no mes de xullo tamén se convocará o bono de alugueiro social, un programa dirixido aos colectivos máis vulnerables da Comunidade e grazas ao que o Goberno galego seguirá asumindo o 100% do custo do arrendamento das persoas beneficiarias.

Ademais, por primeira vez, prevese a posibilidade de incrementar nun 20% o importe máximo da renda de alugueiro e, polo tanto, do bono -ata chegar aos 660 euros mensuais- cando a unidade de convivencia estea composta por 5 ou máis persoas. Tamén se aplicará esta mesma porcentaxe se unha ou un dos membros da unidade familiar precisa dunha vivenda adaptada.

As e os interesados poden consultar a información sobre estas axudas nesta ligazón do D.O.G.

539 lecturas