Emigración participa no acto de presentación da bandeira orixinal da Liga de Amigos do Carme do Concello de Pontecesures (Pontevedra)
A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, asistiu hoxe ao acto de homenaxe á emigración galega no concello de Pontecesures, que tivo, como eixe central, a presentación pública da acta fundacional da Liga de Amigos do Carme e a bandeira orixinal desta efeméride que posúen no concello. Acompañou así ao alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal, e á corporación municipal nuns actos que se desenvolveron no salón de plenos da casa consistorial.
A Bandeira da Virxe do Carme foi doada polos descendentes galegos dos orixinarios asinantes da acta fundamental da Liga de Amigos do Carmen, e atópase exposta no salón de plenos do Concello de Pontecesures. Durante anos, esta bandeira foi portada polos pescadores cesureños que asistían á procesión o día da Virxe do Mar.
Novas relacionadas