Emigración recorda que segue aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais con ata 10.000 € de apoio económico

O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 30 de setembro
O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 30 de setembro
Manuel Sangiao - Axudas ao Retorno Emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración lembra aos galegos e galegas do exterior que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento que permite regresar a Galicia para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, como é o caso de Manuel Sangiao, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 10.000 euros de subvención, unhas axudas que no presente ano aumentaron en 2.000 euros respecto á campaña anterior.

No seguinte vídeo, este retornado do Reino Unido, que reside actualmente en Boqueixón (A Coruña), conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia dun negocio en liña, en concreto un titorial de carpintería en YouTube, “Lapiz de Carpintero”. O programa de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados ten como obxectivo promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega dos retornados e retornadas, co fin de que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. As e os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea).

244 lecturas