Novas
Buscador
- Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornadas e retornados a través do Programa Merlo 19.07.2022 audio Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, destacou o éxito da anterior convocatoria de mentorización. Este programa ten como obxectivo apoiar e asesorar, a través da colaboración coa Fundación Ronsel, ás e aos emprendedores galegos que regresan e poñen en marcha un negocio de cara a que poidan contar cunha maior garantía de... Máis información
- O Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actúa en Marín como actividade complementaria do VI Día da Galicia Exterior 19.07.2022 audio O conxunto artístico Alborada do Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actuou esta pasada fin de semana no concello de Marín, continuando coas actividades do VI Día da Galicia Exterior. Este municipio pontevedrés conta cunha importante cifra de galegas e galegos que residen no exterior, cun total de 2.389 persoas. Na actuación estivo... Máis información
- Remata a presentación de solicitudes do programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 persoas vinculadas ás entidades galegas de Europa, España e América, percorran o Camiño de Santiago 18.07.2022 audio A convocatoria remata hoxe ás doce da noite e está dirixida a persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas aos centros galegos do exterior, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. O programa desenvolverase na segunda quincena de setembro, percorrendo os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas... Máis información
- A Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía e a Casa de Espanha de São Paulo actuaron en Ponte Caldelas con motivo do VI Día da Galicia Exterior 17.07.2022 audio Os grupos culturais da Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago de Salvador de Baía e da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução - Casa de Espanha de São Paulo actuaron na noite do pasado venres, 15 de xullo, na Alameda do concello de Ponte Caldelas como actividade complementaria do VI Día da Galicia Exterior... Máis información
- Emigración convida a volver desfrutar do VI Día da Galicia Exterior a través dunha galería de fotos das distintas actividades realizadas polos centros galegos do exterior 16.07.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha galería de fotos que recompila as diferentes actividades realizadas polas 30 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior no VI Día da Galicia Exterior celebrado en Santiago de Compostela. O pasado sábado, 9 de xullo, máis de un milleiro de galegas e galegos do exterior realizaron diversas... Máis información
- Emigración destina 20.000 € á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro para a atención socioasistencial básica da cidadanía galega desta cidade brasileira 15.07.2022 audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír na mellora da saúde, o benestar social e a calidade de vida dos galegos e galegas con dificultades económicas residentes nesta cidade. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 20.000 euros para a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río... Máis información
- Emigración invita a gozar das actuacións musicais realizadas durante o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo recompilatorio 14.07.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo que recolle as diferentes actuacións de baile e música galegas das 30 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior que percorreron as distintas prazas do casco histórico de Santiago de Compostela co gallo da celebración do VI Día da Galicia Exterior. O sábado pasado, 9 de xullo, máis dun... Máis información
- Emigración continúa a apoiar as novas iniciativas empresariais das e dos emigrantes retornados con ata 10.000 € de axuda 13.07.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra aos galegos e galegas do exterior que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento que permite regresar a Galicia para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, ao igual que o fixo José Armando Chao Gil, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata... Máis información
- Miranda recibe á nova presidenta da Hermandad Gallega de Venezuela na sede da Secretaría Xeral da Emigración 12.07.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá á nova presidenta da Hermandad Gallega de Venezuela, Noemí Cendón Tizón, na sede da Secretaría Xeral na Praza de Mazarelos para coñecer como está a vivir estes primeiros meses como responsable desta importante entidade galega no país caribeño e analizar as futuras... Máis información
- O Lar Gallego de Chile e a Hermandad Gallega de Venezuela continúan a celebración do VI Día da Galicia Exterior en Celanova 12.07.2022 audio As distintas asociacións culturais dos centros galegos do exterior que asistiron ao VI Día da Galicia Exterior continúan na comunidade para compartir a cultura e tradición galegas polas distintas vilas de Galicia. Deste xeito, onte, luns 11 de xullo, pola noite, os grupos do Lar Gallego de Chile e a Hermandad Gallega de Venezuela interpretaron... Máis información
Páxinas |









