O delegado da Xunta na Arxentina mantén un primeiro encontro co novo cónsul xeral de España en Bos Aires para analizar a situación da colectividade neste país americano

Imaxe da reunión entre o novo cónsul xeral de España na Arxentina e o delegado da Xunta en Bos Aires
Imaxe da reunión entre o novo cónsul xeral de España na Arxentina e o delegado da Xunta en Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 29 de agosto de 2022.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, reuniuse por primeira vez co novo cónsul xeral de España en Bos Aires, Fernando García Casas, quen conta cunha ampla experiencia diplomática ao longo da súa carreira profesional. Durante este primeiro encontro analizaron a situación da colectividade galega neste país americano.

García Casas estivo destinado na Representación Permanente de España, tanto do Consello de Europa como nas Nacións Unidas, foi secretario na Embaixada de España en Tel Aviv e embaixador de España na República de Estonia, secretario de Estado de Cooperación de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o Caribe, e embaixador de España no Brasil, cargo que ocupou ata este novo nomeamento.

334 lecturas