O Lar Gallego de Santiago de Chile celebrou o Día de Galicia acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro

  • Imaxe da celebración do Día de Galicia 2022 en Santiago de Chile
    Imaxe da celebración do Día de Galicia 2022 en Santiago de Chile

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Chile, 27 de agosto de 2022.

O Lar Gallego de Santiago de Chile acaba de celebrar o Día de Galicia e o seu tradicional xantar por Santiago Apóstolo nos salóns do Estadio Español de Las Condes. O acto contou coa presenza, entre outras autoridades, do delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, do presidente da entidade, Ricardo González Méndez, do presidente do Estadio Español de Las Condes, Juan Carlos Erenchun e do encargado de Negocios provisional da Embaixada de España, Jorge Peralta.

No acto tamén actuou o agrupación cultural do Lar Gallego de Chile, recentemente chegada da súa participación no VI Día da Galicia Exterior celebrado o pasado 9 de xullo en Santiago de Compostela e que reuniu a unha trintena de entidades culturais galegas de todo o mundo.

508 lecturas