Emigración analiza co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba o traballo de atención social aos galegos e galegas do país caribeño

A Federación conta cunha Oficina Social de Información para tramitar as axudas da Xunta de Galicia. 

Imaxe da reunión celebrada na sede de Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede de Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, María Baleato, mantiveron unha reunión de traballo co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Manuel Toledo, na sede da institución autonómica, na praza de Mazarelos.

A Federación de Sociedades Gallegas de Cuba conta dende 2007 cunha Oficina Social de Información e Asesoramento situada na Habana que permite tramitar as axudas de atención social aos galegos e galegas residentes neste país e organizar ás e aos coordinadores das distintas provincias cubanas. Esta asociación sen ánimo de lucro ten a súa sede no Palacio do antigo Centro Gallego da Habana, sendo a entidade galega de referencia en todo o país e desenvolvendo actividades que contribúen a manter e reforzar os vínculos coa galeguidade cubana e a difusión do noso patrimonio cultural e artístico. 

A Secretaría Xeral da Emigración leva anos colaborando coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, xa que considera necesario contribuír á prestación de asistencia á colectividade galega residente neste país caribeño que estean a pasar dificultades vitais. En Cuba residen na actualidade case 46.600 cidadás e cidadáns de ascendencia galega.

488 lecturas