A Secretaría Xeral da Emigración e AJERGA informan, a través dun webinario, aos novos bolseiros e bolseiras BEME sobre os trámites máis importantes a realizar na súa chegada a Galicia

Imaxe do webinario para as e os bolseiros BEME 2022-2023
Imaxe do webinario para as e os bolseiros BEME 2022-2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2022.

A Secretaria Xeral da Emigración, xunto á Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia, informaron recentemente aos bolseiros e bolseiras BEME sobre os trámites máis importantes a realizar na súa próxima chegada a Galicia, onde cursarán un máster nunha das tres universidades galegas.

Durante este webinario tamén se deu resposta ás súas principais dúbidas, a maioría delas centradas en cuestións como a busca de vivenda, as actividades sociais nos campus onde van estudar e á axilización dos documentos máis necesarios para a súa vida diaria, como pode ser a expedición do DNI ou da tarxeta sanitaria. Este ano cursarán un máster nun dos sete campus galegos un total de 250 galegas e galegos universitarios do exterior. 

338 lecturas