A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, fixo entrega dos diplomas de asistencia ás e aos participantes do Centro Gallego de Montevideo no VI Día da Galicia Exterior

  • Imaxe do acto de entrega de diplomas de participación no VI Día da Galicia Exterior ás representantes do Centro Gallego de Montevideo
    Imaxe do acto de entrega de diplomas de participación no VI Día da Galicia Exterior ás representantes do Centro Gallego de Montevideo
  • Imaxe do acto de entrega de diplomas
    Imaxe do acto de entrega de diplomas
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 31 de agosto de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, fixo entrega dos diplomas de asistencia ás participantes  do Centro Gallego de Montevideo que representaron á entidade no VI Día da Galicia Exterior, celebrado en Santiago de Compostela o pasado 9 de xullo. Elvira Domínguez Alonso estivo acompañada do presidente da entidade, Ramón Lorenzo.

O VI Día da Galicia Exterior reuniu a máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior procedentes dunha trintena de asociacións culturais que encheron as rúas e as prazas históricas compostelás de música e baile galegos para celebrar o Ano Santo Xacobeo, nunha xornada chea de confraternidade.

177 lecturas