Miranda recibe ao novo presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo (Uruguai)
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao novo presidente do Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo, José Manuel Vidal Cerdeira, con quen analizou as novas iniciativas e proxectos que se están a xestar na entidade uruguaia para os próximos meses.
O secretario xeral da Emigración comprometeuse con José Manuel Vidal a visitar o centro pontevedrés na visita que realizará ao Uruguai nos próximos meses. Na actualidade, das e dos 40.000 cidadás e cidadáns galegos que residen neste país suramericano, case 13.200 son nados ou descendentes de galegas ou galegos da provincia de Pontevedra.
Novas relacionadas