Emigración ofrece a visión máis lúdica do VI Día da Galicia Exterior cun vídeo da foliada nocturna celebrada no Monte do Gozo
Día da Galicia Exterior 2022 - Foliada no Monte do Gozo
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2022.
As distintas asociacións culturais que participaron no VI Día da Galicia Exterior, celebrado o 9 de xullo en Santiago de Compostela, organizaron unha foliada a noite anterior do evento no Monte do Gozo. Este momento foi capturado por Manuel Rincón, a quen a Secretaría Xeral da Emigración lle agradece o seu traballo pola montaxe e gravación do vídeo.
Esta actividade espontánea supón a outra cara da gran festa da Galicia exterior, onde a música e o baile tradicional galegos estiveron presentes en todo momento.
Novas relacionadas