Novas
Buscador
- Emigración formou a 1.000 galegas e galegos do exterior en 2022 a través de obradoiros de cultura galega 29.12.2022 audio A Secretaría Xeral puxo en marcha 37 talleres de formación en folclore, cociña e artesanía, así como seminarios de lingua e cultura galegas. O departamento autonómico contou cun orzamento de 150.000 euros para desenvolver esta actividade. A Secretaría Xeral da Emigración desenvolveu un total de 37 obradoiros formativos en 2022 para os galegos... Máis información
- Máis de 2.000 espectadores e espectadoras do exterior achegáronse ao cine galego a través do Ciclo Mestre Mateo froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual 28.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, para analizar o proxecto e preparar a iniciativa de 2023. Oito centros galegos de América, Europa e resto de España proxectaron, ao longo de 2022 os catro filmes finalistas e gañadores en... Máis información
- O secretario xeral da emigración destaca no programa "Bos días" da TVG a importancia da nova Estratexia Retorna para facilitar o regreso de profesionais cualificados e cualificadas que aporten unha vantaxe competitiva á sociedade galega 27.12.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no programa Bos Días da TVG a importancia da nova Estratexia Retorna, xa que permitirá á Xunta de Galicia afrontar o reto demográfico e facilitar o dereito ao retorno dos galegos e galegas do exterior que aportarán caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva á sociedade... Máis información
- A Xunta aborda con empresarios e sindicatos a nova Estratexia Galicia Retorna que inclúe formación e emprego nas vacantes que detecte o tecido produtivo 26.12.2022 audio Continuando coa execución da iniciativa, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza cos axentes que participan no Diálogo Social. Na reunión, Lorenzana expuxo as liñas xerais do novo programa Retorna... Máis información
- A Xunta concede 38 bolsas á mocidade exterior para que retornen, estuden FP e traballen en Galicia 26.12.2022 audio As e os primeiros beneficiarios destas bolsas, de entre 17 e 39 anos de idade, proceden de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai, Paraguai, México e Brasil. Reciben unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 2022-23. Cursarán formación específica básica de Albanelaría e fontanaría no... Máis información
- O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal ás galegas e galegos do exterior 25.12.2022 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal ás galegas e galegos de todos os recunchos do mundo, agradecéndolles que sigan a ter presente a Galicia aló onde residan e que sigan a representar e potenciar a nosa cultura. Alfonso Rueda lembrou que a Xunta continuará traballando para apoialas e apoialos aló onde se atopen e... Máis información
- O equipo da Secretaría Xeral da Emigración e das delegacións da Xunta na Arxentina e Uruguai felicitan as festas a todos os galegos e galegas do mundo 24.12.2022 audio O equipo da Secretaría Xeral da Emigración e das delegacións da Xunta na Arxentina e Uruguai desexan felices festas a todos os galegos e galegas do mundo a través dun vídeo no que tamén participan as traballadoras e traballadores da Oficina Integral de Asesoramento e Información ao Retorno de Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela... Máis información
- Emigración aumenta ata os 2,4M€ as axudas extraordinarias para as e os galegos retornados 23.12.2022 audio Amplíase o orzamento desta liña para atender a todas as solicitudes presentadas. Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo ou filla, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao encontro de despedida de ano da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago 23.12.2022 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á gala de despedida do ano que organizou a Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, que preside Adriana Fernández. A delegada da Xunta felicitou á asociación polo seu traballo en apoio do Camiño de Santiago, tanto pola divulgación que do mesmo realizan no Uruguai, como pola... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” pecha o ano achegándose á traxectoria do Centro Galego de Lisboa 22.12.2022 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. O especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en... Máis información
Páxinas |









