Máis de 2.000 espectadores e espectadoras do exterior achegáronse ao cine galego a través do Ciclo Mestre Mateo froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, para analizar o proxecto e preparar a iniciativa de 2023.

Oito centros galegos de América, Europa e resto de España proxectaron, ao longo de 2022 os catro filmes finalistas e gañadores en cada unha das dúas categorías existentes, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos Premios Mestre Mateo do presente ano.

Imaxe da reunión celebrada esta mañá na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada esta mañá na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022.

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión hoxe co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, na que se fixo balance do programa do Ciclo de cine Mestre Mateo que puideron desfrutar as e os espectadores do exterior a través da colaboración de ambas entidades con oito centros de América, Europa e resto de España.

En total, máis de 2.000 espectadores e espectadoras residentes en Alemaña, Gran Bretaña, Venezuela, Arxentina, Uruguai, Andalucía, Cataluña e Madrid puideron coñecer o cine galego da man desta iniciativa que continuará no 2023, cos novos documentais e películas finalistas e gañadoras dos Premios Mestre Mateo do próximo ano.

Na reunión de hoxe estiveron presentes tamén a subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral, Isabel Pellicer, así como o director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño Lamas.

Esta iniciativa xurdiu a comezos deste ano a través dun acordo entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual co obxectivo de achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas e premiados dos Premios Mestre Mateo, aos galegos e galegas do exterior a través de oito entidades.

Antonio Rodríguez Miranda quixo destacar o esforzo dos centros galegos do exterior que colaboraron na posta en marcha desta iniciativa, “xa que sabemos que fixeron un importante esforzo por animar á colectividade e aos cidadáns en xeral daquelas cidades a coñecer o noso cine, organizar as proxeccións e darlle difusión”. En concreto, en 2022 participaron o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega De Berlín Son, o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Galego de Tarragona. 

338 lecturas