O secretario xeral da emigración destaca no programa "Bos días" da TVG a importancia da nova Estratexia Retorna para facilitar o regreso de profesionais cualificados e cualificadas que aporten unha vantaxe competitiva á sociedade galega

Entrevista ao secretario xeral da Emigración no 'Bos Días' da Televisión de Galicia
Entrevista ao secretario xeral da Emigración no 'Bos Días" da Televisión de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no programa Bos Días da TVG a importancia da nova Estratexia Retorna, xa que permitirá á Xunta de Galicia afrontar o reto demográfico e facilitar o dereito ao retorno dos galegos e galegas do exterior que aportarán caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva á sociedade galega. A nova estratexia pon o foco de xeito relevante no eido laboral, ao que se destinarán 175 millóns de euros ata 2026 para impulsar o emprendemento, a formación e o emprego das e dos galegos do exterior.

O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna. “Non partimos de cero”, asegurou Miranda, “traballamos a partir de unha experiencia testada e cun éxito comprobado, o que agora nos permite incrementar recursos e medidas”. Deste xeito, na nova estratexia duplícase o orzamento ata 450M€, dos que 50M€ destínanse a medidas específicas. O obxectivo para os próximos catro anos é conseguir o regreso de, polo menos, 30.000 galegos e galegas do exterior. Con este fin, potenciarase tamén a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, con novo persoal técnico de apoio no ámbito laboral e fiscal. 

  • Entrevista ao secretario xeral da Emigración na TVG | Acceder
480 lecturas