Emigración formou a 1.000 galegas e galegos do exterior en 2022 a través de obradoiros de cultura galega

A Secretaría Xeral puxo en  marcha 37 talleres de formación en folclore, cociña e artesanía, así como seminarios de lingua e cultura galegas.  

O departamento autonómico contou cun orzamento de 150.000 euros para desenvolver esta actividade.

O departamento autonómico contou cun orzamento de 150.000 euros para desenvolver esta actividade
O departamento autonómico contou cun orzamento de 150.000 euros para desenvolver esta actividade
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración desenvolveu un total de 37 obradoiros formativos en 2022 para os galegos e galegas do exterior en colaboración co mesmo número de centros, tanto de Europa como de América e das comunidades autónomas, impulsando así a realización de cursos presenciais e telemáticos de promoción e apoio á cultura galega en diversas entidades.

Esta iniciativa permitiu desenvolver talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, e que permitiron formar a preto de 1.000 persoas.

En total, realizáronse 22 obradoiros de folclore, 3 de artesanía, 9 de cociña galega e 3 seminarios de cultura. Para este fin destináronse un total de 150.000 euros.  

A modalidade presencial destes obradoiros desenvolveuse nas instalacións dos centros manténdose, un ano máis, a modalidade telemática a través da  aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumnado interactúan, de xeito concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos casos, os cursos foron impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades.

A finalidade deste programa é potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que as persoas galegas que residen no exterior e as súas familias poidan manter os vínculos coa cultura da terra mediante a organización de obradoiros nos que se reforza os vínculos con Galicia e se promociona a nosa cultura na Galicia exterior. 

402 lecturas