Emigración únese á conmemoración do Día Internacional da Persoa Migrante

18 de decembro - Día Internacional da Persoa Migrante
18 de decembro - Día Internacional da Persoa Migrante
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración de apoio á e ao migrante da Organización das Nacións Unidas (ONU) co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, 18 de decembro. 

Galicia ten demostrado en infinitas ocasións ao longo da súa historia que é un pobo solidario e valente, capaz de axuntar esforzos e recursos para poñelos ao servizo das e dos que máis o precisan. E neste senso, seguiremos a traballar para estar ao carón de todos os galegos e galegas, tanto das e dos que viven aquí como das e dos que residen no exterior, e tamén, evidentemente, de aqueles  e aquelas que, chegando de fóra, son xa parte da nosa sociedade.

391 lecturas