Emigración participa no acto de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega no concello de Ramirás no que se homenaxea ás e aos emigrantes galegos dos EE.UU.

  • Imaxe do evento celebrado hoxe en Ramirás
    Imaxe do evento celebrado hoxe en Ramirás
  • Imaxe do evento celebrado hoxe en Ramirás
    Imaxe do evento celebrado hoxe en Ramirás
Listen to this page using ReadSpeaker
Ramirás (Ourense), 17 de decembro de 2022.

A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, acompañou ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, no acto de entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega que tivo lugar hoxe no polideportivo O Picouto do concello de Ramirás.

Nesta gala fíxose unha lembranza especial ás e aos emigrantes de este concello aos Estados Unidos que foi recollido polo exdirectivo do Centro Orensano de Newark, José Pérez Fernández, así como por Enrique Alonso Vilanova. A maiores, tamén se fixo entrega do premio homenaxe a Xosé Luis Méndez Ferrín, Celso Fernández Sanmartín e a Fuxan os Ventos. 

302 lecturas