Miranda acompaña á comunidade galega na celebración “Galicia en Madrid” organizada por FAGAMA

  • Imaxe do evento celebrado hoxe na capital de España
    Imaxe do evento celebrado hoxe na capital de España

"Galicia en Madrid 2022"
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 18 de decembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á celebración “Galicia en Madrid” no teatro Lara, organizada pola Federación de Asociacións Galegas nesta comunidade (FAGAMA) e que contou coa actuación central do grupo Ramalleira, liderado polo recoñecido gaiteiro Miguel Ramalleira. Na gala tamén actuaron un grupo de cantareiras xunto a Agrupación Artística Gallega Rosalía de Castro e varios artistas afincados en Madrid como Arcadio Falcón. Contou coa participación do humorista galego Sergio Pazos e o director Rubén Riós. O obxectivo deste evento, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, é continuar a promocionar a cultura galega na capital de España.

No acto, o secretario xeral da Emigración estivo acompañado do presidente de FAGAMA, Horacio Rico. Tamen asistiron o presidente de AEGAMA, Julio Lage; a presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid, Pilar Falcón; Carlos de Blas, da Orden da Vieira, e o presidente do Centro Gallego de Madrid. Miranda dirixiuse ás e aos asistentes felicitando as festas do Nadal e agradecendo a FAGAMA o labor que desenvolve en Madrid en prol da cultura e a lingua galegas, destacando os eventos e actividades que xa se están a preparar de cara ao próximo ano, continuando así cun labor esencial “para que Galicia continúe tendo presenza na capital do Estado e os madrigalegos sigan a sentir a cercanía dunha terra que segue a contar con eles”.

666 lecturas