A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á cea de despedida do 2022 organizada polo Centro Gallego de Montevideo

Imaxe do evento de remate do 2022 do Centro Gallego de Montevideo
Imaxe do evento de remate do 2022 do Centro Gallego de Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 14 de decembro de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto co que o Centro Gallego de Montevideo celebrou o remate do 2022 e ao que asistiron máis de 200 persoas, entre socias e socios e simpatizantes. O evento tivo lugar no Polideportivo de Carrasco e na mesma estiveron tamén presentes o presidente da entidade, Ramón Lorenzo, a cónsul xeral de España, Victoria Scola, así como a secretaria da entidade, Beatriz Pérez Montero.

Con esta cea, o Centro Gallego de Montevideo quixo agradecer a implicación das e dos seus socios galegos nas diversas actividades que organiza a entidade, en especial, ao Consello Directivo do mesmo, animando a todas e todos a continuar a traballar por Galicia e os galegos e galegas do Uruguai durante o vindeiro 2023.

285 lecturas