Miranda fai un balance positivo do impulso do labor cultural orientado á mocidade do Centro Galego de Lisboa nun encontro con Francisco Guisado

Antonio Rodríguez Miranda e Francisco Guisado, durante o encontro celebrado na sede da SXE na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e Francisco Guisado, durante o encontro celebrado na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao responsable da área cultural do Centro Galego de Lisboa, Francisco Guisado, con quen analizou as accións do ano que xa remata e as próximas iniciativas desta entidade para o ano 2023, trasladándolle o responsable autonómico o compromiso da Xunta de seguir a colaborar de cara a continuar avanzando na promoción da cultura galega en Portugal.   

Deste xeito, Miranda destacou, pola súa relevancia, as primeiras actividades que xa comezarán a levarse a cabo en febreiro e que terán ao Parlamento galego como protagonista. O secretario xeral da Emigración agradeceu a implicación da entidade cos galegos e galegas residentes en Portugal e fixo un balance moi positivo da súa actividade cultural e tamén deportiva cara á mocidade durante o ano que remata, destacando especialmente, a posta en marcha en Lisboa da Aula da UNED, na sede do centro. Isto permite convertelo no lugar de referencia da mocidade, polo interese que poidan ter en estudar no sistema universitario español, ademais, do positivo da colaboración cunha das grandes referencias internacionais de España en materia de educación superior e investigación.

485 lecturas