Novas
Buscador
- Emigración destaca a importancia da comunidade de galegas e galegos retornados de Venezuela no documental “Galicia, un gran refugio para los venezolanos” de David Placer 06.01.2023 audio O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, participou no documental agradecendo a este colectivo o seu traballo en prol da dinamización da sociedade galega. Tamén quixo destacar o seu labor como promotoras e promotores da calidade de vida da comunidade autónoma. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no... Máis información
- A Xunta apoiou a posta en marcha de 114 proxectos empresariais de galegas e galegos retornados durante o 2022 05.01.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración destinou 1M€ para iniciativas emprendedoras. Esta iniciativa enmárcase dentro da Estratexia Galicia Retorna, que acaba de renovarse e ampliarse ata o 2026 e que permitiu nos últimos anos o regreso de máis de 28.000 persoas galegas residentes no exterior. Xa son máis de 600 os proxectos apoiados que supuxeron un... Máis información
- O secretario xeral da emigración comprometeuse a visitar Salvador de Baía (Brasil) para explicar a nova Estratexia Galicia Retorna 04.01.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente do Clube Espanhol de Salvador de Baía, Alberto Cerviño, con quen analizou o labor desenvolvido ao longo deste ano por esta entidade, así como tamén lle trasladou o seu compromiso de visitar o centro nos próximos meses para explicar a nova Estratexia Galicia Retorna... Máis información
- A web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, chega aos 290.000 usuarios e usuarias e ás 900.000 páxinas vistas en 2022 03.01.2023 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado máis de 416.000 visitas, destacando especialmente as informacións relativas ao retorno e ás convocatorias de axudas e programas. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman máis de 5.600 novas e novos internautas en todo o mundo, superando os 50.000 seguidores e... Máis información
- A Delegación da Xunta na Arxentina auspicia en Mar del Plata a mostra fotográfica 'Iacobus Gaudet' sobre o Camiño de Santiago 03.01.2023 audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á inauguración da mostra fotográfica de Manuel Valcárcel Iacobus Gaudet, que se pode visitar no espazo expositivo do Hotel Costa Galana de Mar del Plata, inspirada nas diferentes rutas do Camiño de Santiago. A exposición xorde da colaboración entre a Delegación da Xunta na... Máis información
- Miranda recolle o interese do Grupo Hotusa por incorporar profesionais galegas e galegos do exterior 02.01.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con representantes de Hotusa, un dos principais grupos hoteleiros de España, na que lle expuxeron o seu interese por incorporar profesionais galegas e galegos do exterior para traballar nos seus establecementos. Na reunión estiveron presentes o director de área do... Máis información
- Felicitación do Aninovo 2023 do secretario xeral da Emigración 01.01.2023 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, felicita no seguinte vídeo o Aninovo 2023. Máis información
- Mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela 31.12.2022 audio Nun día coma hoxe, é inevitable botar a vista atrás e facer balance de todo o andado neste 2022. E facelo aquí, onde os peregrinos acreditan a súa chegada ao final de todos os Camiños, a Galicia. Eles superáronse para chegar canda nós, igual que o Camiño de Santiago superouse a si mesmo como a nosa mellor carta de presentación ante o mundo. Ao... Máis información
- A Xunta anima a preparar a documentación necesaria ás e aos interesados en obter unha das 250 bolsas BEME para o próximo curso que permiten realizar un máster nunha universidade galega 30.12.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración ten aberto na súa páxina web un servizo de acompañamento para facilitar información sobre a documentación que se necesita para optar a estas bolsas, ademais de asesorar no que precisen ás e aos interesados. O Goberno galego volverá abrir a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior a comezos de ano... Máis información
- A Xunta agradece ás entidades galegas da Arxentina a súa colaboración na consecución dun ano Xacobeo extraordinario 30.12.2022 audio O delegado da Xunta neste país, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro cos e coas representantes das entidades galegas no que se analizaron as liñas de apoio tanto para os centros como as galegas e galegos residentes no país do Cono Sur. O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, presidiu onte un encontro cos e coas... Máis información
Páxinas |









