Miranda recolle o interese do Grupo Hotusa por incorporar profesionais galegas e galegos do exterior

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con representantes de Hotusa, un dos principais grupos hoteleiros de España, na que lle expuxeron o seu interese por incorporar profesionais galegas e galegos do exterior para traballar nos seus establecementos. Na reunión estiveron presentes o director de área do grupo, Enrique Camiñas, así como a responsable de selección da área turística, Pilar García. 

O secretario xeral da Emigración trasladoulles o interese da Xunta, a través da Consellería de Emprego e da nova Estratexia Galicia Retorna, precisamente pola inserción de galegas e galegos cualificados do exterior para sectores nos que se detecta déficit de traballadoras e traballadores, co obxectivo de favorecer o retorno, así como tamén o emprego estable, a formación específica e o incremento das oportunidades laborais. 

461 lecturas