Emigración destaca a importancia da comunidade de galegas e galegos retornados de Venezuela no documental “Galicia, un gran refugio para los venezolanos” de David Placer

O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, participou no documental agradecendo a este colectivo o seu traballo en prol da dinamización da sociedade galega.

Tamén quixo destacar o seu labor como promotoras e promotores da calidade de vida da comunidade autónoma.

Antonio Rodríguez Miranda participou no documental “Galicia, un gran refugio para los venezolanos”
Antonio Rodríguez Miranda participou no documental “Galicia, un gran refugio para los venezolanos”
“Galicia, un gran refugio para los venezolanos” - Antonio Rodríguez Miranda
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no documental Galicia, un gran refugio para los venezolanos realizado polo xornalista David Placer e no que se afronta a situación desta colectividade na comunidade autónoma. 

Miranda destacou a gran importancia que para a sociedade galega teñen, na actualidade, as galegas e galegos retornados de Venezuela nos últimos anos prepandemia, facendo un balance do que aquel país supuxo para as e os galegos que emigraron no século XX e do que agora Galicia intenta devolverlles, tanto a eles como ás e aos seus descendentes. 

Neste senso, o secretario xeral da Emigración quixo agradecer a este colectivo o seu traballo a prol da dinamización da sociedade galega da que xa forman parte, e tamén o seu labor como promotoras e promotores da calidade de vida da comunidade autónoma.

O vídeo completo pode verse nesta ligazón.
 

204 lecturas