A Xunta anima a preparar a documentación necesaria ás e aos interesados en obter unha das 250 bolsas BEME para o próximo curso que permiten realizar un máster nunha universidade galega

A Secretaría Xeral da Emigración ten aberto na súa páxina web un servizo de acompañamento para facilitar información sobre a documentación que se necesita para optar a estas bolsas, ademais de asesorar no que precisen ás e aos interesados.

O Goberno galego volverá abrir a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior a comezos de ano de cara a atraer aos galegos e galegas do exterior de alta cualificación, incentivando así que fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma.  

As bolsas sufragarán viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, cunhas contías que oscilan entre os 7.500 e os 12.000 euros dependendo do continente da persoa beneficiaria. 

A Xunta ofertará 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para cursar un máster en Galicia no vindeiro curso académico
A Xunta ofertará 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para cursar un máster en Galicia no vindeiro curso académico
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022.

A Xunta de Galicia anima ás e aos galegos universitarios do exterior a que comecen a preparar a documentación necesaria para poder acceder, a partir de febreiro do próximo ano, á nova convocatoria, promovida pola Secretaría Xeral da Emigración, das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME Máster), que chega xa á súa sétima convocatoria.

Con este fin, a Secretaría Xeral da Emigración ten en marcha un servizo de acompañamento e asesoramento personalizado a través da súa páxina web GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal para facilitar información sobre a documentación que se necesita para optar a estas bolsas, ademais de asesorar no que precisen ás e aos interesados. Trátase dunha campaña de promoción a través desta ligazón que se pode consultar na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración.

O Goberno galego oferta así un total de 250 bolsas para tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de máster nalgunha das tres universidades galegas.

Segundo explica o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, nestes intres, “estamos xa a traballar para informar a todos os interesados nestas bolsas, animándoos a que comecen a recoller toda a documentación que necesitan para que a teñan lista xa cando abramos a nova convocatoria a comezos do próximo ano”.  

A Xunta continúa así impulsando o retorno de currículos brillantes ao tempo que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial. 

As e os beneficiarios da iniciativa deben ser galegas ou galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no Exterior, ter menos de 40 anos e estar admitidos na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas.

As bolsas sufragarán viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, cunhas contías que oscilan entre os 7.500 e os 12.000 euros dependendo do continente da persoa beneficiaria.

664 lecturas