O secretario xeral da emigración comprometeuse a visitar Salvador de Baía (Brasil) para explicar a nova Estratexia Galicia Retorna

Miranda e Cerviño, na sede da SXE na capital de Galicia
Miranda e Cerviño, na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente do Clube Espanhol de Salvador de Baía, Alberto Cerviño, con quen analizou o labor desenvolvido ao longo deste ano por esta entidade, así como tamén lle trasladou o seu compromiso de visitar o centro nos próximos meses para explicar a nova Estratexia Galicia Retorna no Brasil. 

Cerviño destacou as actividades realizadas ao longo do pasado 2022, recordando que o centro xa se atopa a pleno rendemento trala pandemia vivida nos anteriores dous anos, e informou a Miranda tamén sobre as iniciativas culturais e lúdicas previstas para o 2023 co obxectivo de seguir a promocionar a cultura galega entre a poboación brasileira. Pola súa banda, o secretario xeral da Emigración recordoulle que o Consello da Xunta de Galicia acaba de aprobar a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME que permiten a galegas e galegos universitarios do exterior realizar un máster nunha das tres universidades galegas. Recordou a este respecto que o prazo de apertura da convocatoria terá lugar a comezos de febreiro, de cara a que se traslade a todas e todos os interesados do Brasil xa que, ata este curso, participaron nesta iniciativa 103 galegas e galegos universitarios residentes neste país.
 

289 lecturas