Novas
Buscador
- Miranda salienta o valor do proxecto cultural "De Mañón ao mundo" como ponte entre a emigración histórica ao exterior e a chegada actual de novos residentes 28.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo este martes un encontro con responsables do proxecto cultural De Mañón ao mundo e co alcalde de Mañón, Alfredo Dovale e o tenente de alcalde, Francisco Calvín, co obxectivo de coñecer de primeira man os detalles dunha iniciativa que afonda na memoria da emigración e reflexiona... Máis información
- A Xunta convoca o programa 'Reencontros con Galicia' para que 200 galegos maiores do exterior poidan vivir a realidade da Galicia actual 27.05.2025 audio O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 28 de maio, ata o vindeiro 27 de xuño. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración realiza esta iniciativa en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade que se desenvolverá entre o 6 e o 16 de outubro. Os solicitantes deben ter cumpridos os 65 anos e non poden ter participado nos... Máis información
- Emigración publica o listado definitivo das preto de 50 persoas admitidas no programa Escolas Abertas 2025 26.05.2025 audio Esta iniciativa fomenta a formación especializada dos docentes das entidades galegas do exterior para dinamizar a vida cultural e social das comunidades galegas no mundo. O programa terá lugar nas instalacións do Centro Superior de Hosteleira de Galicia do 4 ao 15 de xullo. A media de idade dos alumnos é de 35 anos. A Secretaría Xeral da... Máis información
- A Xunta enxalza os 75 anos de traballo do Lar Gallego de Pamplona como referente na rede de 65 centros galegos promotores da nosa cultura en España 24.05.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe na capital navarra nos eventos conmemorativos do 75 aniversario desta entidade. González enxalzou o labor das distintas xeracións que construíron e mantiveron esta entidade e difundiron desde ela a cultura, lingua e tradicións galegas. Trasladou o apoio do Goberno... Máis información
- Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de Bolsas BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso 23.05.2025 audio Os interesados excluídos deben achegar os documentos que se lles requiren de xeito que poida tramitarse a súa solicitude. A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende preto de 30 países. O prazo de emenda de solicitudes estará aberto ata o venres 30 de maio. A Secretaría Xeral da Emigración vén de... Máis información
- A Xunta salienta o labor de acompañamento e cercanía prestado pola Oficina Móbil de Retorno, que percorreou preto do 60% dos concellos de Galicia 23.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a delegada da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitaron hoxe a oficina móbil de retorno ubicada nesta parroquia coruñesa. Desde 2020, os técnicos, tanto das oficinas fixas como da móbil, levan atendido en Galicia máis de 30.000 familias e... Máis información
- A delegada da Xunta en Montevideo reúnese co cónsul de Uruguai en Galicia para reforzar a colaboración institucional entre ambos territorios 22.05.2025 audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu na sede da Delegación en Montevideo ao cónsul de Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, para reforzar a colaboración institucional entre ambos territorios. Trataron temas de colaboración en materia cultural, especificamente no ámbito económico, así como a importancia de... Máis información
- Miranda: “Queremos que os vosos proxectos emprendedores sexan un exemplo do valor que achega o retorno a Galicia” 22.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha videoconferencia coas persoas emprendedoras retornadas que participarán na quinta edición do programa Merlo, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Ronsel. Durante o encontro, Miranda animou aos participantes a aproveitar ao máximo esta... Máis información
- A colaboración entre a Xunta e as dioceses permitiu que no 2024 máis de 12.600 persoas galegas do exterior conseguisen documentación sobre a súa orixe familiar 21.05.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe o arquivo histórico da Arquidiocese de Santiago de Compostela. A cantidade de certificados emitidos o ano pasado é case o dobre que a de 2023 e deles preto da metade obtivéronse a través do arquivo histórico da Arquidiocese de Santiago de Compostela. José González... Máis información
- Miranda agradece o labor do novo equipo directivo do Centro A Estrada de Bos Aires, que está relanzando novamente esta entidade tras un período de pausa 20.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con José Manuel Besteiro, presidente do Centro Cultural Partido da Estrada de Bos Aires, no que analizaron as iniciativas desenvolvidas pola entidade para atraer ás novas xeracións e reforzar o seu papel como referente da galeguidade na capital arxentina. Durante a... Máis información
Páxinas |









