A Xunta promove o concerto de Baiuca en Bos Aires como referente da vangarda musical galega e da conexión cultural coas novas xeracións da diáspora
A actuación tivo lugar na sala Groove e encádrase na iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’, celebrada con motivo de que Galicia fora escollida como convidada de honra pola Embaixada de España na Arxentina no Día da Hispanidade.
Baiuca, proxecto musical de Alejandro Guillán Castaño, combina a tradición sonora galega con música electrónica, permitindo a chegar a novos públicos nun dos escenarios máis significativos da diáspora galega.
A este concerto sumarase o previsto pola recoñecida artista Luz Casal, que actuará o día 12 no centro cultural Palacio Libertad, e complementa as catas celebradas o pasado xoves no hotel Grand Brizo da man do chef Manolo Costiña.
A Xunta promove o concerto de Baiuca en Bos Aires como referente da vangarda musical galega e da conexión cultural coas novas xeracións da diáspora
A Xunta promove o concerto de Baiuca en Bos Aires como referente da vangarda musical galega e da conexión cultural coas novas xeracións da diáspora.
A Xunta promove o concerto de Baiuca en Bos Aires como referente da vangarda musical galega e da conexión cultural coas novas xeracións da diáspora.
A Xunta de Galicia impulsou en Bos Aires o concerto musical de Baiuca no marco da iniciativa pioneira Saborea Galicia Calidade, celebrada na capital arxentina aproveitando a visibilidade que outorga a Galicia a súa condición de rexión convidada de honra pola Embaixada de España no país con motivo da celebración do Día da Hispanidade (12 de outubro).
A este concerto, que tivo lugar esta pasada noite na sala Groove, sumarase o previsto da recoñecida artista Luz Casal -que actuará o día 12 no centro cultural Palacio Libertad- e complementa as catas celebradas o xoves no hotel Grand Brizo, a cargo do chef galego Manolo Costiña, do restaurante Retiro da Costiña (Santa Comba, A Coruña). Estas actividades estiveron dirixidas a público especializado co obxectivo de contribuír á visibilidade e internacionalización do bo facer da cociña galega.
Baiuca, proxecto musical de Alejandro Guillán Castaño, combina a tradición sonora galega coa música electrónica contemporánea, reinterpretando a cultura do país desde unha perspectiva vangardista e achegándoa a novos públicos nun dos escenarios máis significativos da diáspora galega. A Xunta destaca a súa capacidade para achegarse a novos públicos, reinventar a cultura galega sen perder as raíces e representar a vangarda e a nova galeguidade.
Galicia, convidada de honra da Embaixada de España.
Previo á actuación de Baiuca, tivo lugar o acto institucional da Embaixada de España na sede da chancelaría, con Galicia como comunidade convidada. Deste xeito, a programación de Saborea Galicia Calidade aproveita a proxección internacional deste fito para reforzar a presenza de Galicia no exterior e xerar novas oportunidades de colaboración económica e cultural, consolidando ao mesmo tempo a imaxe da comunidade como unha rexión aberta, innovadora e competitiva no ámbito global.
Novas relacionadas



