Rueda enxalza en Bos Aires a fortaleza dos lazos entre Galicia e A Arxentina e a proxección internacional da Marca Galicia Calidade

O presidente da Xunta participou na celebración do Día da Hispanidade como invitado de honra, onde reivindicou a Galicia como terra de oportunidades que aposta polo retorno.

Salienta a marca Galicia Calidade como unha carta de presentación de Galicia ante o mundo.

Destaca a Estratexia Galicia Retorna, que entre 2018 e 2022 permitiu o retorno de máis de 28.000 persoas e que aspira a sumar outras 30.000 máis ata 2026.

  • Rueda enxalza en Bos Aires a fortaleza dos lazos entre Galicia e A Arxentina e a proxección internacional da Marca Galicia Calidade.
    Rueda enxalza en Bos Aires a fortaleza dos lazos entre Galicia e A Arxentina e a proxección internacional da Marca Galicia Calidade.

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 10 de outubro de 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, salientou hoxe en Bos Aires a fortaleza e a vixencia dos lazos entre Galicia e A Arxentina no acto de celebración do Día da Hispanidade celebrado na Embaixada de España neste país, no que Galicia participou como Comunidade convidada de honra:  “España é un gran pais porque se compón de moitas identidades diferentes que conflúen nunha identidade nacional”, apuntou o presidente.

Rueda destacou o papel esencial da colectividade galega neste país que, dixo, mantivo vivo a conexión coa terra e coas súas tradicións, facendo de Bos Aires unha cidade que sente Galicia como algo propio: “Agradézolle moitísimo ao embaixador a oportunidade de dirixirme a todos vostedes para darlles as grazas polo que esta nación arxentina ha suposto na construción de Galicia”, salientou.

O titular do Goberno galego agradeceu a acollida da Embaixada de España na Arxentina e trasladou un recoñecemento especial aos miles de galegos e descendentes que, ao longo de xeracións, conservaron e transmitiron a lingua, cultura e identidade galegas. Subliñou que ese vínculo histórico non se debilitou co tempo, senón que se fixo máis forte, convertendo a Galicia nunha terra que non só se lembra desde lonxe, senón que invita a regresar: “Non é fácil chegar a un pais e ser ben acollido, ver como se che permite manter a túa identidade, o orgullo de vir de onde vés e ao mesmo tempo integrarte e ser un máis. E aquí lográmolo con especial intensidade”, resaltou.

No acto, o presidente salientou a marca Galicia Calidade, destacando que representa moito máis ca un selo de orixe: é a carta de presentación de Galicia ante o mundo, baseada na confianza, a excelencia e o compromiso co bo facer: “Galicia Calidade non só é paisaxes, a nosa gastronomía ou a nosa maneira de ser, que tamén. É unha mostra ao mundo desa Galicia potente, moderna, que se renovou, que ten empresas de referencia a nivel mundial, que todos os días está en moitísimas partes do mundo levantando a nosa bandeira e sabendo que formamos parte dun gran país”, destacou o presidente.

Incidiu ademais en que Galicia quere seguir sendo unha terra de oportunidades e de benvidas, lembrando que a Comunidade é hoxe un territorio dinámico, estable e con futuro, que lidera proxectos en innovación, industria sostible e desenvolvemento rural. Neste contexto, destacou a Estratexia Galicia Retorna, o plan integral da Xunta que converte Galicia en referente en políticas de retorno, con medidas de apoio ao emprego, á formación, ao emprendemento e ao acceso á vivenda: “Conten con toda a nosa axuda para poder atopar as súas raíces”, apuntou. Na primeira edición da Estratexia, entre 2018 e 2022, máis de 28.000 persoas retornaron a Galicia ao abeiro deste programa, e o obxectivo é que outras 30.000 poidan facelo antes de 2026.

Ademais, o presidente da Xunta de Galicia quixo aproveitar para invitar a todos os presentes a facer o Camiño de Santiago, “algo que cada vez máis arxentinos están facendo”: “O ano 2027 é ano Xacobeo. Espéroos a todos, como moi tarde -se pode ser antes, moito mellor- no 2027 en Galicia Calidade”, destacou Rueda.

O xefe do Executivo autonómico concluíu reivindicando que a Galicia actual é unha Comunidade moderna e orgullosa das súas raíces, aberta ao mundo e á cooperación, que ofrece calidade, estabilidade e confianza a quen aposta por ela para vivir, traballar, investigar ou regresar: “Galicia está orgullosa de formar parte do gran país que é España. Galicia está orgullosa de ter esa identidade que vostedes nos permitiron conservar, e nunca faremos o suficiente para agradecerllo. Moitísimas grazas”, rematou Rueda.

374 lecturas