Novas
Buscador
- O secretario xeral da Emigración asiste á entrega ao Centro Galego de Barcelona da Medalla de Ouro da cidade 16.01.2013 audio A primeira viaxe institucional de Rodríguez Miranda será ás repúblicas de Arxentina e Uruguai, onde reside o maior continxente de galegos e galegas do Exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estará presente mañá xoves na entrega da Medalla de Ouro ao Mérito Cívico que o Ajuntament de Barcelona vén de conceder ao... Máis información
- O talento galego alíase en Londres 15.01.2013 audio O galego Pablo Amade e a galega Belén Beado, xunto co navarro Manu Sainz, levan tres meses mobilizando a creatividade española en Londres. Conxuntamente impulsaron o Círculo Creativo London, unha rede social profesional que constitúe o único directorio de persoas españolas do sector residentes no Reino Unido. Se Londres sempre foi o destino... Máis información
- O Concello de Barreiros organiza o ciclo "Cinema e emigración", que se proxectará polas parroquias 14.01.2013 audio Deu comezo o pasado venres, organizado polo concello lucense coa colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Proxectaranse catro películas polas distintas parroquias do concello. O pasado venres 11 de xaneiro dou comezo en Barreiros o ciclo Cinema e emigración, que organiza este Concello da Mariña lucense. Está prevista a proxección... Máis información
- As persoas inmigrantes van adaptándose á gastronomía española 13.01.2013 audio Así se deixa ver no estudo "Hábitos Alimentarios de los Inmigrantes en España". O xantar como a comida máis forte do día, os pratos tradicionais e o pan son algunhas das variantes nos hábitos alimenticios españois aos que as e os inmigrantes parecen adaptarse sen dificultade, segundo o estudo Hábitos Alimentarios de los Inmigrantes en... Máis información
- Francisco Leiro volve á rúa 57 12.01.2013 audio O escultor cambadense presenta en Nova York a súa primeira exposición individual na cidade da Gran Mazá dende o 2003. O escultor Francisco Leiro (Cambados, 1957) inaugura exposición nunha das galerías máis importantes de Nova York, é dicir, do mundo, a sala Marlborough da rúa 57. En pleno corazón de Manhattan, a dous pasos de Central Park e da... Máis información
- A Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay elixiu a Héctor Álvarez como novo presidente da entidade 11.01.2013 audio Tiveron lugar as eleccións xerais na AEGU, nas que se designou o que será o seu noveno presidente, substituíndo no cargo a Jorge Expósito. O pasado mes de decembro levouse a cabo a elección de autoridades na Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU), dando así cumprimento ao establecido nos Estatutos Sociais. Esta desenvolveuse nun... Máis información
- Comezaron con éxito os cursos de mecanografía e Word dirixidos a persoas inmigrantes que organiza a ONGD Ecos do Sur 10.01.2013 audio A entidade fai un chamamento a todas e todos aqueles que desexen colaborar como profesorado voluntario. Todos os luns e mércores do mes de xaneiro, a Bibilioteca Municipal do Castrillón (A Coruña) acolle o curso de Mecanografía e Word impartido pola ONGD Ecos do Sur, especialmente dirixido ao colectivo inmigrante. Un total de nove usuarios e... Máis información
- Benestar garante o seu apoio a Cáritas en 2013 para o mantemento de prazas desta entidade en Galicia 09.01.2013 audio A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse hoxe cos directivos e directivas das cinco dióceses de Cáritas en Galicia. En total, na lexislatura pasada achegáronse, a través de diferentes programas, preto de 3,5 millóns de euros. A responsable de Benestar avanzou que nos orzamentos para 2013 aumentará nun 38% a partida para a RISGA... Máis información
- Caballeros de Santiago, galardoada co Prêmio Medalha de Ouro à Qualidade do Brasil 08.01.2013 audio O premio co que foi distinguida a entidade galega de Salvador de Baía (Brasil) ten como obxectivo incentivar a mellora da calidade de produtos e servizos, servindo como parámetro de credibilidade, imaxe para as empresas no mercado nacional brasileiro. Recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e é concedido a empresas que se destacan nos seus... Máis información
- Videoxogo galego para móbiles 08.01.2013 audio «Tutu» está pensado para «smartphones» e comprimidos, coa vista posta na televisión e o público infantil. Tutu, un videoxogo educativo pensado para dispositivos móbiles e comprimidos, e coa vista posta na televisión e o público infantil, chega ao mercado das aplicacións da man de Ficción Produciones. Trátase do primeiro produto transmedia da... Máis información
Páxinas |









