Novas
Buscador
- O vindeiro 6 de febreiro abrirase a exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia" 03.02.2013 audio Realizada polo Consello da Cultura Galega, conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Estará aberta ao público do 6 de febreiro ao 28 de xuño no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) de Santiago de Compostela. O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en... Máis información
- Vázquez Abad presidiu no Museo do Pobo Galego o acto de depósito da Medalla de Ouro de Barcelona concedida ao Centro Galego 02.02.2013 audio Xesús Vázquez Abad destacou a importancia de que a Medalla do Mérito Cívico estea depositada nunha institución esencial para a memoria da nosa terra para dar a coñecer a importancia da Galicia exterior. O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu o acto de depósito da Medalla de Ouro ao... Máis información
- Feijóo salienta que a nova Lei de galeguidade fomenta a participación da xuventude e das mulleres, incentiva a unión e a cooperación e reforza a orientación económica dos centros galegos 01.02.2013 audio “É unha lei que nace da emigración, co consenso da emigración; e para a emigración, non só para a emigración do pasado senón para a emigración do futuro, para trasladar o papel da emigración ao presente e ao futuro da comunidade”. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte, e logo de que o Goberno galego dese o visto e... Máis información
- O Proxecto de Lei de Galeguidade preserva o patrimonio, dá pulo á muller e á mocidade, e consolida a asistencia sociosanitaria, nas comunidades galegas no exterior 31.01.2013 audio Asemade, o proxecto recoñece a necesidade de aproveitar as comunidades no exterior para axudar á proxección económica de Galicia. O fomento da unión entre entidades, que recolle o texto, persegue a mellora dos servizos que prestan as entidades e a eficiencia no investimento dos recursos. O texto lexislativo substitúe ao de 1983, pioneiro no seu... Máis información
- Empregados e empregadas da Hermandad Gallega de Venezuela recibiron unha distinción polos seus anos de servizo 30.01.2013 audio A entidade galega de Caracas impuxo os Botóns por Anos de Servizo a aqueles traballadores e traballadoras que cumpriron 5, 10, 15, 20, 25, 30 e 40 anos de traballo. A Xunta Directiva da Hermandad Gallega de Venezuela celebrou a Festa de Nadal e Fin de Ano do persoal empregado da institución o pasado luns 10 de Decembro, no Salón Víctor Cachafeiro... Máis información
- Mestura presenta a aplicación para iPhone 'Nais do Mundo' 29.01.2013 audio Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Ne-Nei-Ras, que conta co financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. A Secretaría Xeral da Igualdade financia o proxecto Ne-Nei-Ras que, dende o ano 2010, desenvolve a ONG Mestura para atender de xeito integral as necesidades e problemáticas de mulleres inmigrantes xestantes ou... Máis información
- As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.645.851 en decembro 28.01.2013 audio A afiliación baixa en 17.823 persoas, o -1,07% respecto a novembro. En Galicia son 32.660 as persoas de nacionalidade estranxeira afiliadas. Por xéneros, na nosa comunidade hai 17.645 homes afiliados (o 54,02 % do total) e 15.105 mulleres (o 45,98 % do total). No que á súa procedencia se refire, o 60,50 % das persoas estranxeiras afiliadas á... Máis información
- Emigración e Centro Galego de Londres intensificarán a súa colaboración nas actividades da diáspora galega no Reino Unido e propiciarán a proxección económica de Galicia nese país 25.01.2013 audio A segunda xeración de galegos e galegas pode servir de ponte de comunicación privilexiada entre os tecidos produtivos de ambos países. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse en Londres coa directiva do Centro Galego da capital británica, no marco dos seus primeiros contactos informais coa diáspora galega, previos á... Máis información
- Rodríguez Miranda recibiu á decana do corpo consular en Galicia, a cónsul uruguaia Marta Echarte 25.01.2013 audio O novo secretario xeral viaxa hoxe ao Reino Unido. No marco dos seus primeiros contactos institucionais como novo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda recibiu no seu despacho á cónsul xeral da Embaixada da República Oriental do Uruguai en Santiago, Marta Echarte Baraibar, quen asemade é a decana do Corpo Consular na... Máis información
- Santa Fe recupera unha institución histórica: o Centro Gallego 25.01.2013 audio Descendentes de persoas asociadas e dirixentes da institución, autoconvocáronse para reabrir a entidade. O proceso contou co apoio do Goberno da Cidade, que formalizou coa firma dun convenio no outubro pasado. Faustino Pereira Domínguez, presidente do Centro Gallego de Santa Fe, abre o vello portón de ferro do edificio, situado en barrio Juan B.... Máis información
Páxinas |









