A Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay elixiu a Héctor Álvarez como novo presidente da entidade

Tiveron lugar as eleccións xerais na AEGU, nas que se designou o que será o seu noveno presidente, substituíndo no cargo a Jorge Expósito.

A.E.G.U.
A.E.G.U.
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo, 20 de decembro de 2012.

O pasado mes de decembro levouse a cabo a elección de autoridades na Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU), dando así cumprimento ao establecido nos Estatutos Sociais.

Esta desenvolveuse nun clima de camaradaría, despois de presentarse unha lista única, reiterándose o que é xa unha tradición na Asociación. A nova Comisión Directiva estará presidida polo Cr. Héctor Alvarez -que substituirá no cargo a Jorge Expósito, á fronte da institución no período 2011-2012 - quen recibiu o apoio da masa social na seguridade de que ha de achegar á institución a súa valiosa experiencia e a súa capacidade. O cambio de autoridades comezará a operar na primeira reunión de Directiva, prevista para o próximo mes de febreiro.

Dende a súa constitución xurídica en 2003, a institución brindou aos seus asociados e asociadas a posibilidade de ampliar as súas posibilidades comerciais coñecéndose en reunións abertas, promovéndose en encontros empresariais rexionais, nacionais e internacionais e fomentou a firma de convenios de cooperación con institucións nacionais e internacionais vinculadas ao quefacer empresarial e profesional, así como con institucións gobernamentais tanto da Xunta de Galicia coma do Goberno de España para a promoción do comercio bilateral. Forma parte da Rede de Asociacións de Empresarios Galegos no Exterior e mantén acordos de cooperación coas principais organizacións empresariais de Galicia.

 

Fonte: AEGU

852 lecturas