Caballeros de Santiago, galardoada co Prêmio Medalha de Ouro à Qualidade do Brasil

O premio co que foi distinguida a entidade galega de Salvador de Baía (Brasil) ten como obxectivo incentivar a mellora da calidade de produtos e servizos, servindo como parámetro de credibilidade, imaxe para as empresas no mercado nacional brasileiro.

Recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e é concedido a empresas que se destacan nos seus segmentos, agregando valor á súa marca, aumentando a credibilidade e imaxe para o consumidor final e incrementado a competitividade.

Imaxe da cerimonia de entrega do premio. Foto: Caballeros de Santiago.
Imaxe da cerimonia de entrega do premio. Foto: Caballeros de Santiago.
Listen to this page using ReadSpeaker
Salvador de Baía, 12 de decembro de 2012.

A Asociación Cultural Caballeros de Santiago foi laureada o pasado mes de decembro cun importante galardón que atestou a calidade e o compromiso que a entidade vén desenvolvendo nas súas actividades, o Prêmio Medalha de Ouro à Qualidade do Brasil.

Esa gratificación está promovida por Inter Marketing, empresa que desde 1980 vén buscando recoñecer a calidade e servizo de diversos segmentos, diferenciando  as institucións con mellores condicións de competitividade no mercado e, con esta intención, creou o Prêmio Medalha de Ouro à Qualidade do Brasil.

A entrega do premio realizouse no Cerimonial Rainha Leonor, na Pupileira. Presentes durante o acto estiveron o presidente Santiago Coelho Rodriguez Campo e família, que tamén recibiu a Cmenda da Soberana Ordem da Sociedade Intercontinental de Cinências Humanas, Jurídicas e Sociais, homenaxe a aqueles e aquelas que traballan a prol dos dereitos humanos, da paz e da responsabilidade social, de carácter liberal e independente de control de gobernos ou entidades relixiosas; o Primeiro Vice Presidente, José Luis Hermida Garrido e dona; o Segundo Vice Presidente Laureano Ventin Corujeira e dona; os directores e directoras, Antonio Carlos Sanches Cardoso e dona, Maria Ermita Blanco Baqueiro, Tomáz Puga, Manuel Miguéz, e o Presidente da Associação Recreativa União do Rio Tea, André Presa e dona. Así mesmo, entre as persoas convidadas para a a celebración atopábanse a Deputada Estadual Maria Del Carmem Fidalgo, a Xefa de Gabinete da Secretaria de Segurança Pública do estado da Baía, Dra. Emília Blanco, o Delegado da Polícia Civil, Dr. Joselito Bispo, e o empresario Juan Gimenez.

 

Fonte e foto: Asociación Cultural Caballeros de Santiago

775 lecturas