Benestar garante o seu apoio a Cáritas en 2013 para o mantemento de prazas desta entidade en Galicia

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse hoxe cos directivos e directivas das cinco dióceses de Cáritas en Galicia.

En total, na lexislatura pasada achegáronse, a través de diferentes programas, preto de 3,5 millóns de euros.

A responsable de Benestar avanzou que nos orzamentos para 2013 aumentará nun 38% a partida para a RISGA, un crédito que volverá ser ampliable, para así poder dar cobertura a todas as persoas que o precisen.

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo un encontro con representantes de Cáritas. Foto: Xoán Crespo.
    A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo un encontro con representantes de Cáritas. Foto: Xoán Crespo.
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo un encontro con representantes de Cáritas. Foto: Xoán Crespo.
    A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo un encontro con representantes de Cáritas. Foto: Xoán Crespo.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2013.

A Consellería de Traballo e Benestar manterá en 2013 o seu apoio a Cáritas e volverá achegar máis de 400.000 euros para o mantemento de de prazas no centro de menores Xurde de Ourense e o centro de menores de atención de día de Vigo, dependentes desta entidade.

Unha achega que se completará a través das diferentes ordes de axuda, tales como as convocatorias para o financiamento de comedores sociais e albergues ou para programas de inserción laboral.

Así o indicou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que mantivo un encontro con representantes de Cáritas. Mato lembrou que no ano 2012 o departamento autonómico apoiou o seu labor con máis de 765.000 euros a través de distintas liñas que inclúen o concerto de prazas para menores, mantemento de actividades, fomento da inclusión, cursos de formación, plans de cooperación, programas de xuventude e voluntariado, e o convenio de apoio ás familias monoparentais

En total, na lexislatura pasada achegáronse preto de 3,5 millóns de euros aos diferentes programas de Cáritas, que beneficiaron ás cinco dioceses que compoñen Cáritas Galicia (Santiago, Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo).

Neste sentido, Beatriz Mato, indicou que este apoio é unha mostra máis do compromiso da Xunta coa inclusión. Avanzou que nos orzamentos para 2013 aumentará nun 38% a partida para a RISGA, un crédito que volverá ser ampliable, para así poder dar cobertura a todas as persoas que o precisen.

Ademais, reanudarase a trámitación parlamentaria para aprobar neste período de sesións a Lei de Inclusión Social de Galicia. O obxectivo fundamental que persegue esta Lei é converter a RISGA nunha auténtica ferramenta de inserción a través do seu establecemento por tramos.

A Consellería de Traballo e Benestar está a manter unha rolda de contactos coas entidades de iniciativa social que operan en Galicia, con motivo do inicio da lexislatura. Estes contactos teñen dous propósitos: coñecer de preto as súas demandas e necesidades e explicarlles a liña de traballo que se vai seguir desde a Consellería nos próximos catro anos.

799 lecturas