Comezaron con éxito os cursos de mecanografía e Word dirixidos a persoas inmigrantes que organiza a ONGD Ecos do Sur

A entidade fai un chamamento a todas e todos aqueles que desexen colaborar como profesorado voluntario.

Comezaron con éxito os cursos de mecanografía e Word dirixidos a persoas inmigrantes que organiza a ONGD Ecos do Sur
Comezaron con éxito os cursos de mecanografía e Word dirixidos a persoas inmigrantes que organiza a ONGD Ecos do Sur
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 9 de xaneiro de 2013.

Todos os luns e mércores do mes de xaneiro, a Bibilioteca Municipal do Castrillón (A Coruña) acolle o curso de Mecanografía e Word impartido pola ONGD Ecos do Sur, especialmente dirixido ao colectivo inmigrante. Un total de nove usuarios e usuarias acudiron o primeiro día a estas clases, nas que se espera mellorar a habilidade no manexo do ordenador e rapidez na escritura, así como o dominio do Word.

Ademais deste curso desenvolveranse os que sexan necesarios para dar continuidade a unha formación que hoxe en día é imprescindible para a integración laboral. Por iso, a entidade fai un chamamento para que todas aquelas persoas con cualificación que estean interesadas en ser profesor ou profesora voluntarios se poñan en contacto coa mesma no teléfono 981 150 118 ou se dirixan á súa sede social da rúa Ángel Senra, 25 - 1º da Coruña.

 

Fonte: Ecos do Sur

727 lecturas