Novas
Buscador
- O cine galego volve aos centros galegos do exterior da man do Ciclo Mestre Mateo grazas a colaboración da Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual 30.03.2023 audio Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende abril a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome. O estudio de televisión do I.E.S. Audiovisual de Vigo acolleu a rolda de prensa na que estiveron presentes os centros que representan aos galegos e galegas do exterior... Máis información
- As entidades galegas do exterior poderán solicitar dende mañá os obradoiros presenciais e telemáticos 29.03.2023 audio Esta iniciativa, que se publica no Diario Oficial de Galicia, permitirá aos centros poñer en marcha talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega. O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de contratación do profesorado e materiais de formación. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a... Máis información
- Miranda agradece á Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía o seu labor na proxección de Galicia no Brasil 29.03.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía, a quen agradeceu o labor de proxección de Galicia no Brasil, animándoa a seguir a traballar nesta mesma liña para dar a coñecer os sons, os bailes e a música da nosa comunidade autónoma. EDACE é unha... Máis información
- O programa “Merlo”, apoiado por Emigración, abre mañá, día 30, o seu prazo de inscrición co obxectivo de mentorizar a emprendedoras e emprendedores galegos retornados 29.03.2023 audio Esta iniciativa, que chega así á súa terceira edición, busca apoiar e acompañar ás galegas e galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos. O programa xorde da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel. O programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras e emprendedores galegos... Máis información
- Máis de medio milleiro de galegas e galegos residentes no Brasil coñeceron a nova Estratexia Galicia Retorna 2026 que aposta polo emprego e a formación como pulos de atracción 28.03.2023 audio O titular da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destaca que proximamente desenvolverase a presentación deste documento en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou ante máis de medio milleiro de galegas e galegos residentes no Brasil a nova Estratexia Galicia Retorna 2023/26 que... Máis información
- Miranda anima ás e aos galegos de Santos e São Paulo a emprender en Galicia a través das axudas deseñadas pola Xunta para formentar o retorno 27.03.2023 audio O secretario xeral da Emigración trasladou á colectividade galega no Brasil a nova Estratexia Galicia Retorna, que aposta polo eido laboral e o educativo con ata 100 iniciativas para favorecer o retorno á comunidade autónoma. Durante o encontro cos galegos e galegas residentes nestas dúas localidades brasileiras, expuxo as medidas deseñadas pola... Máis información
- Emigración salienta en Salvador de Baía ante preto de 200 persoas as medidas de apoio ás familias postas en marcha pola Xunta para favorecer o retorno 26.03.2023 audio O responsable deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, comezou na sede da Asociación Caballeros de Santiago a xira polo segundo país do mundo con maior colectividade galega para dar a coñecer a Estratexia Galicia Retorna. Destacou que este documento conta con medidas sociais, laborais, formativas e de información e asesoramento... Máis información
- Emigración asiste ao concerto de María do Ceo, preludio do Festival ‘Fai un Sol’ do Lar Gallego de Sevilla, motor da cultura musical galega na capital andaluza 26.03.2023 audio A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer, asistiu ao concerto de María do Ceo, preludio do festival Fai un Sol que organiza o Lar Gallego de Sevilla como motor da cultura musical galega na capital andaluza. Xunto á cantante galega actuou tamén a artista sevillana Laura... Máis información
- Miranda percorrerá algunhas das principais cidades do segundo país con maior colectividade galega, o Brasil, para expor as medidas de fomento do retorno 25.03.2023 audio O titular da Secretaría Xeral da Emigración comeza hoxe en Salvador de Baía unha xira polas localidades que contan con maior presenza galega para detallar e aclarar posibles dúbidas sobre a Estratexia Galicia Retorna 2023·26. O documento, que conta con ata 100 medidas para facilitar o regreso á Comunidade, presta especial atención ao eido laboral... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” de marzo documenta o labor das asociacións microterritoriais galegas creadas en Cuba 23.03.2023 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender o fenómeno migratorio galego. O especial 'Historias de ida e volta', un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da... Máis información
Páxinas |









