O delegado da Xunta na Arxentina asistiu á celebración do centenario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires

  • Imaxe da celebración do 100º Aniversario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires
    Imaxe da celebración do 100º Aniversario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 24 de maio de 2023.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu aos actos de celebración do centenario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires, no que participaron numerosas e numerosos galegos e descendentes de galegas e galegos afincados na capital arxentina.

Neste acto, López Dobarro agradeceu o labor desta entidade en prol de toda a colectividade galega en Bos Aires e, en especial da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua. Tamén recordou que precisamente esta entidade é a depositaria na Arxentina da Medalla do Parlamento de Galicia, que lle foi outorgada á emigración galega  pola súa aportación esencial no desenvolvemento da Comunidade, destacando o delegado da Xunta na Arxentina a importancia da colectividade que ten ante si o reto de conservar e manter viva a memoria material e inmaterial de Galicia neste país do Cono Sur.

266 lecturas