Miranda recorda en Basilea (Suíza) que están abertos os programas para que a xuventude galega no exterior coñeza Galicia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe unha visita a Suíza achegándose aos dous centros galegos de Basilea, a Sociedade Galega Sementeira e o Centro Recreativo Cultural Ourense. Durante ambos encontros, o responsable do departamento autonómico trasladou o seu interese pola situación dos galegos e galegas no país helvético e recordou que están abertas varias liñas de axuda para que as e os galegos máis novos do exterior coñezan Galicia durante os meses do verán, coma o Conecta con Galicia ou o Conecta co Camiño.
Antonio Rodríguez Miranda destacou durante a súa visita a Sementeira que se trata dun dos centros que participa este ano no ciclo Mestre Mateo que permite divulgar o cine galego entre a colectividade do exterior en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual.
Novas relacionadas