A delegada da Xunta no Uruguai acompañou a andaina coa que se inaugurou a nova sinalización do Camiño de Santiago en Montevideo

  • Imaxe da andaina polo Camiño de Santiago en Montevideo
    Imaxe da andaina polo Camiño de Santiago en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 24 de maio de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou nun tramo da andaina organizada pola Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, dende a mouteira situado na planta José Añón da empresa de transporte Cutcsa ata a que se atopa instalado na Praza Galicia na Rambla de Montevideo, en total uns vinte e cinco quilómetros. 

O obxectivo desta iniciativa é seguir a promocionar o Camiño de Santiago no Uruguai.  Esta actividade tamén serviu para inaugurar a sinalización deste tramo por Montevideo autorizada pola intendencia da localidade. No acto de inicio da andaina, ademais de Elvira Domínguez, tamén estivo presente a cónsul xeral de España, María Victoria Scola Pliego, a presidenta da Asociación, Adriana Fernández, e o presidente de Cutcsa, Juan Salgado, e o directivo do Hogar Español, Juan Pablo Salgado.

176 lecturas