Miranda celebra o Día das Letras Galegas coa colectividade suíza, invitado pola Asociación Xeitosiñas de Zürich
Zürich (Suíza), 21 de maio de 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos do Día das Letras Galegas organizados pola Asociación Xeitosiñas de Zürich, en Suíza, para celebrar xunto á colectividade galega neste país esta xornada dedicada ao ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.
Entre outras actividades lúdicas e de exaltación da nosa lingua, desenvolveuse unha conferencia a cargo da escritora galega Charo Golmar. O secretario xeral agradeceu durante o acto a implicación das entidades galegas do exterior e, en concreto, a da asociación ASC-As Xeitosiñas Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zürich, para seguir a impulsar a nosa lingua e a promocionar a nosa cultura entre a sociedade helvética.
Novas relacionadas