Miranda recibe a André Pires, do Centro Galego de Lisboa, quen peregrinou case 1.400 quilómetros ata Santiago co obxectivo de dinamizar esta entidade como promotora do Camiño

  • Antonio Rodríguez Miranda, Isabel Martínez Pellicer e André Pires, na sede da SXE na capital de Galicia
    Antonio Rodríguez Miranda, Isabel Martínez Pellicer e André Pires, na sede da SXE na capital de Galicia
  • Antonio Rodríguez Miranda, Isabel Martínez Pellicer e André Pires, na sede da SXE na capital de Galicia
    Antonio Rodríguez Miranda, Isabel Martínez Pellicer e André Pires, na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu, xunto á subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, a André Pires, vogal do Centro Galego de Lisboa, á súa chegada a Santiago de Compostela, tras peregrinar case 1.400 quilómetros a pé, co obxectivo de dinamizar esta entidade como Centro Promotor oficial do Camiño de Santiago. 

O directivo do centro galego de Portugal aproveitou o camiño para irmandar ás diferentes entidades galegas que se atopan na Vía da Prata, xa que dende Lisboa viaxou a Sevilla, pasando por Salamanca ata chegar á praza do Obradoiro, en Santiago, utilizando un tramo alternativo entre Lisboa e Sevilla e seguindo a Vía da Prata e o Camiño Sanabrés ata Compostela.  Deste xeito, mantivo un encontro cos e coas representantes do Lar Gallego de Sevilla e do Centro Gallego de Salamanca en cada unha das etapas da súa viaxe.

277 lecturas