Novas
Buscador
- O Igape apoia 23 proxectos comerciais de empresas galegas que buscan implantarse no mercado brasileiro 26.05.2013 audio Máis de 70 empresarias e empresarios galegos interesados en exportar ao Brasil reúnense co director da plataforma Pexga de São Paulo. As exportacións galegas ao país sudamericano roldaron os 167 millóns de euros o ano pasado, fronte a unhas importacións de 55 millóns. O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) está a apoiar 23 proxectos de... Máis información
- A Xunta aumenta de 70.000 a 170.000 euros a partida destinada a axudas para persoas emigrantes retornadas 24.05.2013 audio A Secretaría Xeral de Emigración convocou as axudas para que as e os emigrantes poidan facer fronte aos gastos derivados do seu retorno a Galicia, a dotación total da cal aumenta de 70.000 euros o ano pasado aos 170.000 euros desta convocatoria, segundo figura na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia. Estas axudas de carácter... Máis información
- Galicia mantense á cabeza de España en número de bandeiras azuis no 2013, con 128 distincións a praias de 36 concellos costeiros 23.05.2013 audio A Comunidade galega suma dúas novas bandeiras respecto ás concedidas o ano pasado. Galicia acadou esta distinción para un 90% dos areais candidatos nesta edición. Unha de cada catro bandeiras azuis concedidas recaen nalgún areal galego. A Xunta de Galicia felicita aos concellos por manter a Galicia como a Comunidade Autónoma española con maior... Máis información
- A arquitectura viguesa nacida do diñeiro indiano 22.05.2013 audio O investigador José Ramón Iglesias recolle nun libro a achega de emigrantes con fortuna á paisaxe da cidade e a súa bisbarra. A colección Vigo na memoria, que edita o Instituto de Estudos Vigueses, inclúe, dende esta semana, un completo estudo sobre a influencia das fortunas creadas pola emigración galega en América, as e os coñecidos... Máis información
- Feijóo viaxará a Cuba no segundo semestre deste ano coa prioridade de reforzar o apoio aos 38.000 galegos e galegas afincados nese país e afondar en vínculos económicos 21.05.2013 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ten previsto realizar unha viaxe a Cuba no segundo semestre deste ano 2013, nunha visita que terá como prioridade reforzar o apoio aos galegos e galegas que residen nese país, así como afondar nos vínculos económicos entre Galicia e a illa cubana. O obxectivo principal de Feijóo será visitar... Máis información
- O Centro Gallego de Rosario homenaxeou a Rosalía de Castro 21.05.2013 audio O acto, organizado co gallo do 150º aniversario da publicación de "Cantares Galegos", contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro. Tamén se descubriu unha placa alusiva á reinauguración da biblioteca desta histórica entidade galega no país... Máis información
- Un total de 160 descendentes de emigrantes convivirán con 80 mozos e mozas galegos nos campamentos de verán de Xuventude 20.05.2013 audio Esta iniciativa permitirá que as e os descendentes de galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles aportarán as actividades que protagonizarán nos campamentos. Xa está aberto o prazo para poder participar en calquera destas iniciativas, as e os interesados poderán realizar a inscrición... Máis información
- Emigración asina en Montevideo un convenio de colaboración co maior hospital mutualista de América Latina 18.05.2013 audio O secretario xeral da Emigración asistiu, ademais, ao concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez na capital uruguaia, en beneficio doutra entidade senlleira, o Hogar Español de Ancianos. O éxito deste concerto, similar ao celebrado hai uns días en Bos Aires a favor das e dos afectados polas inundacións de La Plata, demostran os bos froitos... Máis información
- INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, NO ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 17.05.2013 audio Saúdo cordialmente ao novo Presidente da Real Academia Galega, que recentemente ten tomado posesión do seu cargo; Tamén ás autoridades presentes. Saúdo de xeito especial á viúva e a toda familia de Roberto Vidal Bolaño; Miñas donas e meus señores. Os galegos sabemos que Babel non foi unha maldición. Por experiencia podemos afirmar que a... Máis información
- A Diáspora en Uruguai celebra o Día das Letras Galegas cun concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez 16.05.2013 audio A iniciativa, a beneficio do Hogar Español de Ancianos de Montevideo, súmase a moitas outras coas que a Galicia do Exterior conmemora a data. O concerto contará coa asistencia do secretario xeral da Emigración, que comeza unha nova viaxe por Uruguai e Arxentina. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, empeza mañá venres, Día... Máis información
Páxinas |









