Novas
Buscador
- eHabilis, modelo de éxito de e-learning na nube 07.05.2013 audio A plataforma de e-learning eHabilis chega aos 30.000 usuarios e usuarias con implantacións do seu servizo en España, Brasil, México ou Inglaterra. Dende www.ehabilis.es calquera persoa usuaria pode decidir o tempo que desexa ter a plataforma operativa e para que volume de usuarios e usuarias. Baixo estes parámetros eHabilis está a disposición das... Máis información
- Vázquez Abad abre vías de colaboración coa Universidade de Bos Aires, e cos gobernos arxentino e da cidade bonaerense en prol da cultura e da lingua galegas 06.05.2013 audio O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse con representantes da Secretaría de Cultura da Nación Arxentina, encontro no que se avanzou na cooperación entre os dous países en eventos como a celebración do centenario de Cortázar ou o MICSUR. Pola tarde o conselleiro de Cultura e Educación e o decano da Facultade de Filosofía e Letras da... Máis información
- Feijóo pon en valor o acordo de colaboración asinado de xeito pioneiro polas casas galegas de Cataluña, e avanza que neste 2013 tamén se unirán entidades de Alemaña, Cuba, Venezuela e Arxentina 06.05.2013 audio O titular da Xunta presidiu hoxe a sinatura desta alianza entre 15 entidades galegas en Cataluña que dá comezo ao seu proceso de unión ou fusión que culminará a finais deste ano. Apela á unidade e á viabilidade como “a primeira garantía de continuidade” destas entidades, que hoxe rubrican, di, “o mellor comezo para dar resposta a retos cada vez... Máis información
- Cultura e Educación “conmemora a Rosalía nas dúas beiras do Atlántico” 05.05.2013 audio Xesús Vázquez Abad realizou na xornada de hoxe unha ofrenda floral a Rosalía e visitou o Centro Carballiño de Bos Aires. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acudiu nesta cuarta xornada da súa viaxe oficial a Bos Aires ao parque Rosedal para realizar unha ofrenda floral perante da estatua de Rosalía de Castro, nun ciclo... Máis información
- O patrimonio cultural e a promoción do libro galego na Feira de Bos Aires centraron a xornada de traballo de Xesús Vázquez Abad na súa visita oficial a Bos Aires 05.05.2013 audio O conselleiro de Cultura e Educación visitou hoxe coa xefa de Gabinete do Ministerio os traballos de restauración dos murais de Luís Seoane. Na quenda de tarde, o conselleiro mantivo unha reunión coa escritora arxentina de raíces galegas, Claudia Piñeiro, e con directivos da ‘Fundación El Libro’ na Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Nesta... Máis información
- O conselleiro de Cultura e Educación participa na lembranza a Rosalía de Castro do colexio galego arxentino “Santiago Apóstolo” 04.05.2013 audio Xesús Vázquez Abad percorreu hoxe o centro educativo, no que máis de 400 alumnas e alumnos cursan estudos de Lingua e Literatura, Xeografía e Historia de Galicia. O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia reuniuse ademais co ministro de Educación da cidade de Bos Aires para abordar vías de colaboración no eido das tecnoloxías da... Máis información
- A Xunta colabora con once ONGS para axudar a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e vítimas de trata 03.05.2013 audio O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou para este 2013 dous convenios máis que o ano pasado, cun orzamento total de preto de 300.000 euros. O programa enmarcase nun protocolo de actuación institucional asinado fai catro anos pola Xunta e a Fiscalía Superior de Galicia, para articular unha actuación conxunta multidisciplinar dirixida a... Máis información
- A Consellería de Cultura e Educación e mais a Universidade de Belgrano amplían a súa colaboración en prol da cultura e da lingua propia de Galicia 02.05.2013 audio Xesús Vázquez Abad e Avelino Porto asinaron hoxe un convenio centrado na cuestión da promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas. O titular de Cultura e Educación e o persoal directivo de Belgrano abordaron futuras liñas de traballo conxunto no eido da calidade e da innovación da formación universitaria. Pola tarde o representante da... Máis información
- O presidente da Xunta subliña que a entrada de Pemex no accionariado de Barreras entraña beneficios para as e os traballadores do naval, para o conxunto do sector e para a economía galega en xeral 02.05.2013 audio O titular da Xunta asegura que o acordo entre a petroleira mexicana e o estaleiro vigués reflicte a capacidade do naval galego de xerar confianza e agarda que esa virtude se amplíe a outros sectores. Remarca que o naval “pasa de ser un sector que tiña as gradas baleiras nalgún estaleiro a ser un sector con capacidades exponenciais de conseguir... Máis información
- Miranda destaca o papel dos galegos e as galegas do exterior no progreso da Galicia territorial, e tamén na construción do Estado mexicano 01.05.2013 audio O secretario xeral participa en D.F. na celebración do Primeiro de Maio, unha das manifestacións máis importantes da Galeguidade. Conclúe o seu periplo dunha semana por tres países latinoamericanos (Venezuela, Brasil e México) onde residen en total case cen mil galegos e galegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
Páxinas |









